lunes, 12 de diciembre de 2022

A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Neste novo tema de Ciencias Sociais imos abordar o estudo da actividade económica nas sociedades do mundo. Para iso, despois das lecturas e explicacións iniciais, veremos o vídeo ó que vos leva o seguinte enlace:    

A ACTIVIDADE ECONÓMICA  .

Nel poderedes atopar toda a información necesaria para cubrir o seguinte cuestionario: 

1. Define que é a actividade económica nunha sociedade.

2. Enumera cinco necesidades humanas que deban ser cubertas coa actividade económica.

3. O ser humano só necesita bens para satisfacer as súas necesidades? Explica a túa resposta.

4. A actividade económica ten tres fases: cítaas e explica en que consiste cada unha delas.

5. Indica cal é a diferenza entre a venta a maioristas e a minoristas.

6. Cubre a seguinte táboa cos FACTORES DE PRODUCIÓN, é dicir, cos recursos básicos que fan mover a economía.


RECURSOS ………………...

Todos os recursos que proporciona a natureza, por exemplo:



TRABALLO





Non son só os cartos. Hai CAPITAL FÍSICO (un tractor, p.e), CAPITAL HUMANO (mans de obra) e o CAPITAL FINANCIEIRO (son os …….)



Son os coñecementos, métodos e procedementos necesarios para facer unha actividade.

Pode ser manual, mecanizada ou robotizada.

7. Cales son os axentes económicos e que fan? Explica como funciona o circuito económico no que se implican eses axentes.


8. Cubre a seguinte táboa coa información pertinente:


SECTOR PRIMARIO



SECTOR SECUNDARIO



SECTOR TERCIARIO



9. Pode deducirse o nivel de desenvolvemento dun país do peso de cada sector? Explícao.

10. A actividade económica pode levarse a cabo de distintas maneiras: é o que se coñece como SISTEMAS ECONÓMICOS.

- O máis básico e antigo é o SISTEMA DE _______________, caracterizado polo ___________ rendemento e ___________ tecnoloxía. A produción é __________________.

- O sistema que domina o mundo é o SISTEMA __________________, baseado no __________________________________: calquera pode crear empresas ou desenvolver calquera actividade económica. A propiedade máis abundante é a _________________. A sociedade funciona mediante a LEI DA _________ E DA _________________. O caso das máscaras durante a pandemia serve para explicar como funciona esta lei.

- Outro sistema é o SOCIALISTA ou de ________________ PLANIFICADA, que medrou no século XX da man da _______________________. O ______________ controla absolutamente todo e non existe a ____________________________________. Actualmente é un sistema en retroceso. Poucos países o teñen, entre eles están: ____________________________________.

- O sistema máis idóneo parece ser un SISTEMA _________________: un caso é España, onde hai empresas públicas (cita catro:______________________________________________________₎ e privadas.


domingo, 4 de diciembre de 2022

6 DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN

   Mañá, 6 de decembro, conmemórase o Día da Constitución. A clase do día de hoxe imos aproveitala para afondar no coñecemento e importancia deste documento nun país democrático como é o caso de España. 


DOCUMENTAL SOBRE A CONSTITUCIÓN  

COÑECEMENTOS BÁSICOS

TEST SOBRE A CONSTITUCIÓN


miércoles, 16 de noviembre de 2022

martes, 8 de noviembre de 2022

O ESTUDO DA POBOACIÓN E AS MIGRACIÓNS

 1. Despois de ver o vídeo, respondede nos vosos cadernos as cuestións seguintes: 

OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS E A SÚA INCIDENCIA EN ESPAÑA

a) Como caracterizarías a poboación actual española vendo a súa pirámide poblacional? 

b) En que zonas de España están os maiores asentamentos da poboación? Por que cres que sucede isto? 

c) Que é a "España baleira"? En que parte da Península se sitúa? 

d) A que se debe o repunte da poboación  que experimenta España a partir do inicio do século XXI? 

e) Cal é o continente máis poboado do mundo? Que continente é o que recibe o maior número de emigrantes actualmente? 

f) A onde emigraron os españois a finais do século XIX-inicio do século XX? 

g) Explica a diferenza entre os conceptos de emigrante e inmigrante. Os movementos migratorios influén no crecemento real dunha poboación? Explica a túa resposta. 

h) Indica de onde recibe inmigrantes actualmente España e cales son as causas de que elixan este país como destino. 

i) Recolle en formato de esquema as causas das migracións e pon exemplos en cada caso. 

j) Comenta os problemas cos que teñen que loitar moitos inmigrantes nos países aos que chegan, fai unha valoración crítica desa situación e aporta solucións. Non olvides dividir o texto en parágrafos e usa conectores textuais. 

domingo, 9 de octubre de 2022

INVESTIGAMOS SOBRE A UE


- A UNIÓN EUROPEA  (UE). CUESTIONARIO.

https://european-union.europa.eu/easy-read_es

https://op.europa.eu/webpub/com/eu-what-it-is/es/#chapter0


Recolle información relativa a estas cuestións, consultando os enlaces que tes na parte superior:

1- Cando aparece por primeira vez a idea de que a unión entre países europeos é algo útil e necesario ?  Cantos países se uniron? E cantos países conforman agora a UE?

2- Que país decidiu saír da UE e está fóra desde 2020?

3- Indica CINCO obxectivos da UE relacionados coa economía, coa convivencia, coa cultura e os idiomas, co desenvolvemento sostible e coa dixitalización. 

4- Que importante premio se lle otorgou á UE no ano 2012 e por que razón? 

5- Que é o espazo Schengen e que vantaxes ten? Só pertencen a el os países da UE?

6-  É certo que o único idioma que se usa oficialmente na UE é o inglés?

7-  Averigua se todos os países da UE teñen o euro como moeda oficial?

8- Fai un esquema onde recollas o nome dos principais órganos de goberno da UE e as súas funcións. Infórmate sobre quen a preside oficialmente na actualidade.  

9- Averigua para que serven os fondos estructurais e de cohesión da UE.

10- Neste enlace podes poñer a proba os teus coñecementos sobre a UE.

 https://www.testeando.es/La-Union-Europea-sjtvzuko

11. ACTIVIDADE FINAL: debes construír un TEXTO EXPOSITIVO, correctamente organizado en parágrafos,  coa información máis importante que fuches recompilando sobre a UE.

 

viernes, 7 de octubre de 2022

MAPA POLÍTICO DE EUROPA E EXERCICIOS INTERACTIVOS


 A través dos seguintes enlaces podedes practicar para preparar a parte de mapas do exame do luns: 

MAPAS INTERACTIVOS DE ESPAÑA E EUROPA

A) MAPAS DE ESPAÑA. Podes facer uso das tres primeiras opcións da sección PUZZLES. 

B) MAPAS DE EUROPA. Podes facer uso, no apartado MAPAS DE EUROPA, das dúas primeiras opcións: países que integran Europa e capitais de España, Portugal, Irlanda, Reino Unido, Bélxica, Países baixos, Alemania, Suiza, Italia, Dinamarca, Austria, Suecia e Noruega. 

miércoles, 5 de octubre de 2022

LENGUA CASTELLANA. TIPOS DE PALABRAS.

 


ACTIVIDADES 

1.  Teniendo en cuenta el cuadro anterior, clasifica en tu cuaderno con detalle las palabras del chiste siguiente: 

  • Tras un largo parto, la doctora sale para informar al padre del recién nacido.  
  • - ¿Doctor,  cómo ha salido todo? ¿Los dos están bien ahora?- pregunta el hombre. 
  • - Ha salido bien, pero hemos tenido que ponerle oxígeno al bebé - le responde la doctora.
  •  - ¡Es una noticia pésima! ¡Nosotros queríamos ponerle Gabriel! - se lamenta el padre de la criatura. 
2. Indica ahora qué tipo de texto predomina en el mensaje anterior y reescríbelo usando el estilo indirecto

3. Crea oraciones coherentes que integren estos elementos:

a) Pronombre indefinido + adverbio de tiempo + preposición + sustantivo colectivo. 

b) Determinante demostrativo + sustantivo abstracto + pronombre personal + verbo en pasado.

c) Pronombre interrogativo+ determinante posesivo + adverbio de modo + conjunción + adjetivo en grado superlativo. 

d) Adverbio de negación + adverbio de cantidad + determinante artículo + preposición + pronombre indefinido + nombre propio. 

e) Determinante numeral ordinal + sustantivo incontable + adverbio de duda + conjunción + verbo en futuro. 

COMO VIVEN AS MULLERES AFGANAS? NON PODEMOS TORCER A CARA...

      Mañá, martes, imos ter no IES unha actividade ben interesante: vannos visitar un grupo de mulleres de orixe afgana que viven refuxiada...