1. Despois de ver o vídeo, respondede nos vosos cadernos as cuestións seguintes:
OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS E A SÚA INCIDENCIA EN ESPAÑA
a) Como caracterizarías a poboación actual española vendo a súa pirámide poblacional?
b) En que zonas de España están os maiores asentamentos da poboación? Por que cres que sucede isto?
c) Que é a "España baleira"? En que parte da Península se sitúa?
d) A que se debe o repunte da poboación que experimenta España a partir do inicio do século XXI?
e) Cal é o continente máis poboado do mundo? Que continente é o que recibe o maior número de emigrantes actualmente?
f) A onde emigraron os españois a finais do século XIX-inicio do século XX?
g) Explica a diferenza entre os conceptos de emigrante e inmigrante. Os movementos migratorios influén no crecemento real dunha poboación? Explica a túa resposta.
h) Indica de onde recibe inmigrantes actualmente España e cales son as causas de que elixan este país como destino.
i) Recolle en formato de esquema as causas das migracións e pon exemplos en cada caso.
j) Comenta os problemas cos que teñen que loitar moitos inmigrantes nos países aos que chegan, fai unha valoración crítica desa situación e aporta solucións. Non olvides dividir o texto en parágrafos e usa conectores textuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario