lunes, 12 de diciembre de 2022

A ACTIVIDADE ECONÓMICA

Neste novo tema de Ciencias Sociais imos abordar o estudo da actividade económica nas sociedades do mundo. Para iso, despois das lecturas e explicacións iniciais, veremos o vídeo ó que vos leva o seguinte enlace:    

A ACTIVIDADE ECONÓMICA  .

Nel poderedes atopar toda a información necesaria para cubrir o seguinte cuestionario: 

1. Define que é a actividade económica nunha sociedade.

2. Enumera cinco necesidades humanas que deban ser cubertas coa actividade económica.

3. O ser humano só necesita bens para satisfacer as súas necesidades? Explica a túa resposta.

4. A actividade económica ten tres fases: cítaas e explica en que consiste cada unha delas.

5. Indica cal é a diferenza entre a venta a maioristas e a minoristas.

6. Cubre a seguinte táboa cos FACTORES DE PRODUCIÓN, é dicir, cos recursos básicos que fan mover a economía.


RECURSOS ………………...

Todos os recursos que proporciona a natureza, por exemplo:



TRABALLO





Non son só os cartos. Hai CAPITAL FÍSICO (un tractor, p.e), CAPITAL HUMANO (mans de obra) e o CAPITAL FINANCIEIRO (son os …….)



Son os coñecementos, métodos e procedementos necesarios para facer unha actividade.

Pode ser manual, mecanizada ou robotizada.

7. Cales son os axentes económicos e que fan? Explica como funciona o circuito económico no que se implican eses axentes.


8. Cubre a seguinte táboa coa información pertinente:


SECTOR PRIMARIO



SECTOR SECUNDARIO



SECTOR TERCIARIO



9. Pode deducirse o nivel de desenvolvemento dun país do peso de cada sector? Explícao.

10. A actividade económica pode levarse a cabo de distintas maneiras: é o que se coñece como SISTEMAS ECONÓMICOS.

- O máis básico e antigo é o SISTEMA DE _______________, caracterizado polo ___________ rendemento e ___________ tecnoloxía. A produción é __________________.

- O sistema que domina o mundo é o SISTEMA __________________, baseado no __________________________________: calquera pode crear empresas ou desenvolver calquera actividade económica. A propiedade máis abundante é a _________________. A sociedade funciona mediante a LEI DA _________ E DA _________________. O caso das máscaras durante a pandemia serve para explicar como funciona esta lei.

- Outro sistema é o SOCIALISTA ou de ________________ PLANIFICADA, que medrou no século XX da man da _______________________. O ______________ controla absolutamente todo e non existe a ____________________________________. Actualmente é un sistema en retroceso. Poucos países o teñen, entre eles están: ____________________________________.

- O sistema máis idóneo parece ser un SISTEMA _________________: un caso é España, onde hai empresas públicas (cita catro:______________________________________________________₎ e privadas.


domingo, 4 de diciembre de 2022

6 DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN

   Mañá, 6 de decembro, conmemórase o Día da Constitución. A clase do día de hoxe imos aproveitala para afondar no coñecemento e importancia deste documento nun país democrático como é o caso de España. 


DOCUMENTAL SOBRE A CONSTITUCIÓN  

COÑECEMENTOS BÁSICOS

TEST SOBRE A CONSTITUCIÓN


COMO VIVEN AS MULLERES AFGANAS? NON PODEMOS TORCER A CARA...

      Mañá, martes, imos ter no IES unha actividade ben interesante: vannos visitar un grupo de mulleres de orixe afgana que viven refuxiada...