martes, 14 de febrero de 2023

LINGUA DE REIS, LINGUA DO POBO

 

   A través deste enlace podedes acceder ao vídeo onde se recolle a información necesaria para cumplimentar o  cuestionario seguinte, que nos vai servir como introducción á historia da lingua e da literatura galega: 

Lingua de reis, lingua do pobo

LINGUA DE REIS, LINGUA DO POBO (VÍDEO). CUESTIONARIO

    Lembra que no século VIII os árabes invadiron a Península Ibérica, feito que desencadea a fuxida dunha parte da poboación cara ás montañas do norte, que lles ofrecían protección ante a ofensiva militar. Os cristiáns que se asentan nestes territorios falaban inicialmente latín, pero esta lingua evolucionará de distinto xeito segundo as zonas, dando así lugar ás LINGUAS ROMANCES PENINSULARES, correspondentes aos distintos reinos que se van configurando para loitar contra os musulmáns na guerra da Reconquista. O futuro destas linguas terá que ver coa historia e os feitos políticos máis relevantes destes reinos.

    De maneira xeral, podemos dicir que o LATÍN foi, durante boa parte da Idade Media, maioritariamente, a lingua de cultura, mentres que para a comunicación oral usábanse as linguas romances. De todos os xeitos, estas últimas van gañando terreo a medida que vai avanzando a Idade Media e pouco a pouco usaranse para facer literatura, libros informativos ou documentos varios.

Escoita con atención o que se expón no vídeo e úsao como fonte de información para contestar as seguintes cuestións.

1. Que rei de Galicia e de Castela e León escribiu en galego-portugués, no S. XIII as Cantigas de Santa María? Cal é a súa temática?

2. As cortes dos reis eran fixas ou trasladábanse dun lugar a outro? A que se debía este feito?

3. Que función exercían os TROBADORES na corte de Afonxo X (busca no dicionario o significado deste termo, para non confundilo co de XOGRAR)? Teñen algún modelo para facer o seu “traballo”? Como cres que chegan a coñecer ese modelo?

4. O reino de Galicia e Portugal comprendía distintas zonas xeográficas. Podes concretalas? Indica tamén cal vai ser a lingua románica á que evoluciona o latín alí e que sectores da sociedade a falan.

5. Que nome recibe o modelo de organización social neste periodo da historia?

6. A partir do século XI empeza unha época de esplendor político, relixioso, económico e cultural no reino galego-portugués. Nesa época os nobres galegos teñen poder e usan, coma o resto da poboación o galego na comunicación oral e van tamén usalo para faceren poesía. Ás súas cortes chegan xentes a través dunha ruta relixiosa importante, cal é?

7. Chega as cortes o influxo da literatura dun lugar do sur de Francia, cal é? Tomando como modelo a poesía feita alí, que composicións van encargar para que se fagan e se musiquen nas súas cortes?

8. Que importante feito, sucedido a mediados do século XII, vai provocar o inicio da perda de poder do reino de Galicia e Portugal? Quen o promove?

9. O castelán tamén se vai desenvolver de maneira importante como lingua de cultura da man de Afonso X. Por que lle interesa a este rei impulsar esta lingua?

10. A pesares disto, o galego vai ser lingua usado oralmente por toda a poboación ata o século XV. Tamén se usa para escribir determinados documentos. Cales?

11. Explica que consecuencias vai ter a política dos Reis Católicos na historia da lingua galega (non olvides falar dos Séculos Escuros).

12. Quen foi o pai Sarmiento, en que época viviu e que fixo para ser unha figura de especial importancia na defensa do galego?

13. Cal foi o primeiro libro escrito integramente en galego e por unha muller na época contemporánea? Quen é a autora e con quen casou?

14. En que se inspira Rosalía para escribir esta obra poética? A súa finalidade é soamente seguir unha moda extendida por España que se fixa na poesía folklórica ou popular?

15. Que poetas van escribir tamén en galego, xunto con Rosalía, conformando a etapa da literatura galega coñecida como REXURDIMENTO?

16. Estes autores abren camiños para que o galego se use máis e para que se considere lingua de cultura: aparecerán nas décadas seguintes as Irmandades da Fala, o Partido Galeguista e a figura de Castelao, chegándose case a aprobar o Estatuto de Autonomía para Galicia no ano 1936, no que se defendía a normalización da lingua galega. Que feito impediu a súa aprobación? Que consecuencias tivo sobre o galego?

17. Cando se aprobou o Estatuto de Autonomía do que aínda goza hoxe Galicia? Que repercusión tivo sobre a lingua galega?

18. Cres que o uso de galego está totalmente normalizado na actualidade en Galicia? Explica a túa resposta.


ADXÚNTOVOS TAMÉN ESTA PRESENTACIÓN, MOI SINXELA E CLARA SOBRE ESTES CONTIDOS:

UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGA






domingo, 12 de febrero de 2023

O SECTOR TERCIARIO


O SECTOR TERCIARIO 

    Con este vídeo rematamos o noso percorrido polos diferentes sectores económicos. Como fixemos nos dous casos anteriores, elaboraremos un esquema coa información máis relevante. 



TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE A ENERXÍA: FONTES ENERXÉTICAS RENOVABLES E NON RENOVABLES. ESTADO ACTUAL DA SITUACIÓN ENERXÉTICA.

 Como xa falamos con anterioridade, tedes que elaborar un traballo de equipo sobre as fontes de enerxía e a situación enerxética actual no noso país. Cómpre distribuír as tarefas en tres bloques:

a) Fontes de enerxía tradicionais ou non renovables: cales son, como se aproveitan e cales son os pros e os contras. 

b) Fontes de enerxía renovables: cales son, como se aproveitan e cales son os pros e os contras. 

c) Estado actual da situación enerxética: principais problemas e solucións que se están aplicando. Situación en España e en Galicia. 

     O traballo farase en soporte dixital, combinando imaxes, texto e mesmo vídeos. Valorarase o proceso de realización, o resultado e a exposición oral na aula como peche da actividade. 

Haberá que expoñelo o luns, 6 de marzo. 

Aparte dos materiais en formato papel que se vos facilitarán, tedes que facer uso destas fontes de consulta: 

FONTE 1         

FONTE 2

FONTE 3

FONTE 4

FONTE 5  (centrádevos nos dous vídeos sobre enerxías renovables e non renovables). 

FONTE 6 (PROBLEMAS ENERXÉTICOS E SOLUCIÓNS).

COMO VIVEN AS MULLERES AFGANAS? NON PODEMOS TORCER A CARA...

      Mañá, martes, imos ter no IES unha actividade ben interesante: vannos visitar un grupo de mulleres de orixe afgana que viven refuxiada...