viernes, 31 de marzo de 2023

XEOGRAFÍA E HISTORIA (2º ESO): RECUPERACIÓN DE PENDENTES.

 

    Na seguinte entrada atoparedes o material necesario para resolver as cuestións do novo bloque de actividades de Xeografía e Historia de 2º ESO. Nesta ocasión, imos adentrarnos na Europa feudal. 

  Tedes xa o material fotocopiado, pero déixovos aquí un enlace ao mesmo por se alguén prefire facelo en formato dixital ou o perde: 


ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN: A EUROPA FEUDAL


Neste segundo enlace tedes a información que necesitades para responder as cuestións anteriores (fixádevos que nalgunhas preguntas xa vos indica a que páxina tedes que ir). 

INFORMACIÓN SOBRE A EUROPA FEUDAL

Á volta destas vacacións (o martes, 14 de abril) tedes que entregarme resoltas as 10 primeiras cuestións (páxinas 1 ata 12). 

domingo, 26 de marzo de 2023

SECTORES ECONÓMICOS E INDUSTRIAS MÁIS RELEVANTES EN GALICIA

 Le atentamente a información recollida neste documento e elabora un esquema primeiro e un texto expositivo a continuación onde recollas a información máis relevante.

OS SECTORES ECONÓMICOS EN GALICIA

miércoles, 22 de marzo de 2023

O REXURDIMENTO


 Cómpre que prestedes atención á seguinte presentación, onde se recollen os aspectos máis relevantes do Rexurdimento galego. Despois de ler e entender o que nela se explica, debedes responder as preguntas do seguinte cuestionario (enlazade as contestacións): 

                                             O REXURDIMENTO DA LITERATURA GALEGA



CUESTIONARIO

1. Concreta o século ó que corresponde esta etapa da lingua e da literatura galega e indica por que se lle da ese nome. 

2. Que tres escritores son os principais representantes da literatura galega desta época? 

3. Cales eran as actividades económicas nas que se ocupaba maioritariamente a poboación? Era Galicia unha rexión desenvolta e modernizada? 

4. Explica que eran os FOROS. 

5. Por que razón emigran moitos habitantes das zonas rurais? A onde marchan? 

6. Que é o GALEGUISMO? Precisa cales son as tres fases pola que pasa. 

7. Cita os catro obxectivos básicos dos intelectuais do Rexurdimento.

8. Que é un prexuízo lingüístico? Precisa algúns deses prexuizos, asentados nunha parte da poboación, que se queren eliminar. 

9. Indica en qué novos ámbitos se empeza a usar a lingua galega: ofrece exemplos concretos,  en cada caso. 

10. Os intelectuais buscan darlle ao galego a categoría dunha lingua de prestixio e para iso intentan darlle normas, fixar o léxico... Que gramática e dicionario  aparecen nesta época. 

11. Outro obxectivo é reivindicar o pasado histórico de Galicia, con feitos propios e exclusivos.  Como contribuiu Manuel Murguía a este obxectivo. 

12. Precisa as dúas etapas nas que se divide o Rexurdimento, que feito as diferencia e qué autores destacan  en cada unha. 


martes, 21 de marzo de 2023

jueves, 9 de marzo de 2023

PRACTICANDO EL ANÁLISIS DE ORACIONES

 

Tal como hablamos esta mañana, aquí os dejo varias oraciones, divididas ya en SUJETO y PREDICADO. Aparece también clasificado el TIPO DE PREDICADO y las funciones que aparecen en su interior: NÚCLEO y COMPLEMENTOS (CD / CI  y diferentes tipos de C.CIRCUNSTANCIALES). 



viernes, 3 de marzo de 2023

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE TIPOS DE ENERXÍAS E SOBRE O ESTADO ACTUAL DA SITUACIÓN ENERXÉTICA

 

A través destes enlaces podedes acceder aos vosos traballos sobre enerxías, tanto para expoñelos como para estudar. 

                                                              ENERXÍAS TRADICIONAIS


                                                              ENERXÍAS RENOVABLES



                                                           A ENERXÍA NA ACTUALIDADE



COMO VIVEN AS MULLERES AFGANAS? NON PODEMOS TORCER A CARA...

      Mañá, martes, imos ter no IES unha actividade ben interesante: vannos visitar un grupo de mulleres de orixe afgana que viven refuxiada...