lunes, 10 de abril de 2023

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: TRABALLANDO PARA TER UN MUNDO MELLOR

 Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) constitúen un chamamento universal á acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.

  En 2015, todos os Estados Membros das Nacións Unidas aprobaron 17 Obxectivos como parte da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, na cal se establece un plan para alcanzar os Obxectivos en 15 anos, é dicir, en 2030. Estes obxectivos incorporan desafíos globais aos que nos enfrontamos día a día en diferentes ámbitos, como a pobreza, a desigualdade, o clima, a degradación ambiental, etc.

  Se ben os ODS son universais, cada país é responsable da implementación de estratexias nacionais para acadalos. En España, o Consello de Ministros aprobou o 29 de xuño de 2018 o “Plan de Acción para la implementación de la Agenda 2030”, no que participaron representantes de tódalas administracións, amais das universidades e do resto de actores sociais e económicos do país.

  Premendo no seguinte enlace, poderás informarte con detalle sobre cada un destes obxectivos: 


OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE



Neste segundo enlace, atoparedes os exercicios que iremos facendo ao longo destas semanas para familiarizarnos con estes obxectivos e para acomodar as nosas actuacións na vida, na sociedade e na natureza a cada un deles. 



 
Para rematar , debedes elaborar, en parellas, un traballo sobre este tema. A súa estrutura será a seguinte: 

- PORTADA (TÍTULO E IMAXES, DATOS PERSOAIS)

- INTRODUCIÓN sobre os ODS (que son, quen os divulga e para que)

- APARTADO 1. TEXTO EXPOSITIVO QUE RECOLLA A vosa REFLEXIÓN SOBRE A IDEA DE PROGRESO NA ACTUALIDADE (LOGROS VS ATRASO).  CONEXIÓN CO CÓMIC LIDO E CON NOTICIAS DE ACTUALIDADE.  

- APARTADO 2. DEBEDES ELIXIR DOUS ODS, ANALIZAR A PROBLEMÁTICA QUE CONLEVAN, ASOCIALOS A ZONAS XEOGRÁFICAS E PROPOÑER SOLUCIÓNS. É INDISPENSABLE O USO DE IMAXES E TAMÉN PODEDES INSERIR LIGAZÓNS A VÍDEOS. 

* Bibliografía empregada.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMO VIVEN AS MULLERES AFGANAS? NON PODEMOS TORCER A CARA...

      Mañá, martes, imos ter no IES unha actividade ben interesante: vannos visitar un grupo de mulleres de orixe afgana que viven refuxiada...