Boa parte deste terceiro trimestre emplearémola no traballo con contidos históricos, referidos á Idade contemporánea (inicio e aspectos actuais).
Para empezar, refrescaremos a memoria visualizando o seguinte vídeo sobre as distintas etapas da historia: cómpre que fagades no voso caderno unha liña do tempo onde as coloquedes debidamente e onde anotedes os feitos máis relevantes de cada unha delas:
* Busca o significado dos termos contidos no vídeo que descoñezas.
A continuación, debes ler o seguinte documento. Nel atoparás a información necesaria para dar resposta ás cuestións que aparecen despois do enlace.
a) Delimita cronoloxicamente a Idade Contemporánea.
b) Indica qué dúas revolucións marcan o final da IDADE MODERNA e a que países se asocian.
c) Explica os períodos nos que se pode dividir a Idade Contemporánea e cales son os feitos máis relevantes de cada un deles.
d) Fai un esquema no que recollas os cambios máis relevantes da política, da economía e da sociedade que se dan na Idade Contemporánea respecto á etapa anterior (Idade Moderna).
No hay comentarios:
Publicar un comentario