lunes, 30 de enero de 2023

O SECTOR SECUNDARIO

    O mesmo que fixemos co sector primario, imos ver este novo vídeo para coñecer como funciona o sector secundario e que actividades económicas se integran nel. Xa sabedes: aplicamos a técnica do esquema para obter a información relevante. 

O SECTOR SECUNDARIO


TEXTO PARA TRABALLAR NA AULA: ¿DE DÓNDE VIENE LA ROPA QUE COMPRAS EN ZARA?



domingo, 29 de enero de 2023

0 SECTOR PRIMARIO

 Aquí tedes un vídeo onde se recolle información fundamental sobre o sector primario. Debes recoller nun esquema toda a información que consideres relevante.   

   EL SECTOR PRIMARIO



domingo, 15 de enero de 2023

AS ÁREAS ECONÓMICAS MUNDIAIS


Busca información nas fotocopias sobre as áreas xeoeconómicas mundiais que dé resposta a estas cuestións. A imaxe superior servirache tamén de axuda. 

a) Indica cales son as tres áreas xeoeconómicas mundiais, segundo o seu desenvolvemento económico. 

b) Que países compoñen a TRÍADE?

c) Como é a actividade agrícola, industrial e o consumo neses países? 

d) Explica que son as potencias económicas emerxentes. 

e) Dentro destas potencias hai dous bloques: explica cales son, cita países membros e indica os seus trazos económicos (produción, industria e consumo). Podes adoptar o formato de esquema nesta resposta. 

f) Onde se sitúan as potencias económicas atrasadas? Cales son os trazos nelas da produción, da industria e do consumo? 




 

martes, 10 de enero de 2023

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO COA MATERIA DE XEOGRAFÍA E HISTORIA PENDENTE DE 2º ESO

 

A través deste enlace podedes acceder á TERCEIRA QUENDA de actividades de recuperación da materia pendente de 2º ESO (Nathan, Nicole e Irene). Debedes descargar o documento e ir traballando nel no voso DRIVE. 

O ISLAM E AL-ANDALUS

A información atoparédela nos enlaces a cada secuencia de exercicios. Tamén vos explicarei aos tres como imos distribuír esas actividades en partes que debedes ter feitas en diferentes datas. A realización correcta das actividades e a súa entrega en prazo, terá un valor de ata 3 puntos

1ª ENTREGA (en DRIVE): páxinas 1 e 2 das actividades. Para resolvelas, debedes buscar a información no seguinte enlace: LIBRO DE TEXTO (PÁX. 20,21 E 28)

DEBEN ESTAR RESOLTAS O LUNS, 16 DE XANEIRO. Tedes que compartilas comigo (lenguacurtis@gmail.com) en Drive. 

lunes, 9 de enero de 2023

PROBLEMAS LABORAIS: O PARO E AS CONDICIÓNS LABORAIS. MAPAS E GRÁFICOS.

Partindo da observación dos mapas e gráficos que se che presentan, responde estas cuestións:

1. Como se calculou a taxa de paro en cada país do mundo?

2. A que países se pode equiparar Españ na taxa de paro? Cal é a súa situación respecto a Europa no referido a este problema laboral?

3. Explica a información que achegan os gráficos sobre o traballo infantil. 

4. Indica en qué zonas do mundo hai un baixo acceso da muller ao mercado laboral e en cales está máis equiparada a situación do home e da muller. Reflexiona sobre estes feitos e indica a que se poden deber. 

5. Investiga sobre quen foi Iqbal Masih e crea un pequeno texto expositivo que recolla a información máis relevante sobre os seus feitos. 


 

sábado, 7 de enero de 2023

A GLOBALIZACIÓN: QUE É, QUE SUBTIPOS HAI, CALES SON AS SÚAS CAUSAS E CALES AS SÚAS CONSECUENCIAS.

 

A través deste vídeo poderás ir facéndote unha idea do fenómeno económico coñecido como GLOBALIZACIÓN. Escoita con detalle o que se che conta nel e anota as ideas máis destacadas. 

A GLOBALIZACIÓN


A continuación, elabora un esquema onde recollas as ideas fundamentais deste tema, incorporando a mención das principais organizacións internacionais que teñen que ver coa globalización e unha breve información sobre cada unha delas. 






COMO VIVEN AS MULLERES AFGANAS? NON PODEMOS TORCER A CARA...

      Mañá, martes, imos ter no IES unha actividade ben interesante: vannos visitar un grupo de mulleres de orixe afgana que viven refuxiada...