miércoles, 17 de mayo de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

    Chegamos á 60ª edición desta festividade tan nosa. Neste Día dás Letras Galegas 2023 réndeselle homenaxe ao historiador, novelista, historiador, xornalista, tradutor, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, Lugo, 1913 - Vigo, 2010).

    

A figura de Fernández del Riego xurdiu ao redor da xeración de intelectuais do Grupo Nós. Durante a República foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista e formou parte do Consello galego de Galeuzca (1934).

     Xunto con Ramón Piñeiro e Jaime Isla Couto foi un dos principais impulsores da Editorial Galaxia nos anos 50, empresa que liderou o proceso de recuperación cultural na posguerra española.

    Anos despois, en 1963, apareceu, a partir da editorial Galaxia, a  revístaa Grial, que Fernández del Riego codirixiu e para a que escribiu de forma asidua. En 1960 Francisco Fernández del Riego ingresou na Real Academia Galega co discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores. E 17 anos despois converteuse no director desta institución.

    Como unha das principais figuras no ámbito cultural e intelectual galeguista do século XX e comezos do XXI, Fernandez del Riego foi recoñecido coa Medalla Castelao, a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, o Premio Trasalba, o Premio Pedrón de Ouro, o Premio de Creación Cultural da Xunta de Galicia, o Premio Celanova Casa dos Poetas e o Premio das Artes e das Letras de Galicia.

Agora que xa coñecedes ao homenaxeado deste ano, imosvos mostrar 9 curiosidades do 17 de maio, Día das Letras Galegas

1. O Día dás Letras Galegas celébrase o 17 de maio en homenaxe á data de publicación do primeiro libro en galego de Rosalía de Castro: Cantares Gallegos (17 de maio de 1863).

2. Precisamente Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada cen anos máis tarde, en 1963.

3. Tras ela, outras catro mulleres foron recoñecidas na historia. Busca o seu nome e o ano de conmemoración: FIGURAS DAS LETRAS GALEGAS

4. Só houbo unha homenaxe conxunta na súa historia. Foi en 1998 e dedicouse aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho.

5. Desde 1991, 28 anos despois da súa institución, o Día dás Letras Galegas é festivo oficial en Galicia.

6. A sede da RAG atópase na Coruña, na que foi residencia familiar de Emilia Pardo Bazán, e precisamente alí atópase a súa Casa Museo.

7. O pleno extraordinario dás Letras Galegas, que se celebra sempre o 17 de maio, tivo que trasladarse no 2020 a decembro debido á COVID-19.

8. O PORTAL DAS PALABRAS, , unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, elixe cada ano por votación popular a Palabra do Ano. En 2022 foi “Comadres”, mentres que en 2021 escolleuse “Tanxugueiras”, en 2020 “nós” e en 2019 gañou “sentidiño”.

9. Como se decide a quen se lle dedica o Día dás Letras Galegas? Para resultar elixido/a, a Real Academia Galega ten en conta dous requisitos:

   a) Ser autor/a de unha obra relevante en galego.

   b) Que pasasen 10 anos entre a súa morte e a designación para ese día.

Non todos os autores homenaxeados naceron en Galicia. Tres exemplos son os casos do rei Alfonso X o Sabio, que naceu en Toledo, pero escribía en galego-portugués. Outro caso moi significativo é o de María Vitoria Moreno, que naceu en Valencia de Alcántara, Cáceres, pero que en 1963 trasladouse a vivir a Pontevedra. Ou frei Martín Sarmiento, que era de Villafranca del Bierzo.

No enlace do punto 3, podedes ver todos os autores que se teñen homenaxeado neste día. 



Unha vez lida toda a información, cómpre responder o seguinte cuestionario onde tedes que mostrar os vosos coñecementos sobre o  tema tratado. 



1. Busca os erros que poida haber nestes enunciados e formúlaos de xeito correcto: 

- A data da festividade do 17 de maio ten que ver coa publicación de Follas novas, de Rosalía de Castro. 

- A deste ano é xa a 70 edición desta importante conmemoración. 

- No pasado ano homenaxeouse a figura de Antonio Fraguas e este ano adícase ao poeta Antón Fraguas. 

- Este autor, nado fóra de Galicia, estudou en Santiago e durante a Guerra Civil militou no bando franquista. 

- Formou parte do Grupo Nós, que renovaron o teatro galego e entre os que estaban Aquilino Iglesias e Eduardo Pondal. 

- Antes da guerra, estivo moi relacionado co Seminario de Autores galegos, institución volcada no estudo da actualidade galega e na formación de novos xornalistas. 

- Traballou na editorial Galaxia, fundada nos inicios da democracia, á morte de Franco, e destinada a publicar obras da literatura universal traducidas ao galego. 

- Foi nomeado, dous anos antes da súa morte, presidente da Real Academia Galega, institución que ten a súa sé na cidade de Vigo. 

- O Día das Letras Galegas conmemorouse por vez primeira 150 anos despois de publicarse a primeira obra de Rosalia e desde esa primeira celebración é un día non laborable en toda Galicia. 

- Só se homenaxearon varios autores simultáneamente nunha ocasión: foi hai 10 anos e rendeuse homenaxe aos tres poetas máis relevantes do Rexurdimento. 

- Para que un escritor ou escritora poida ser elixido como figura das Letras Galegas cómpre que o seu falecemento se producise polo menos 5 anos antes da súa elección. 

- Unha das condicións fundamentais é ter nacido en Galicia. Só se fixeron dúas excepcións con este feito: a de Carlos Casares e a de María Victoria Moreno. 

2. Busca o nome das mulleres ás que se ten dedicado o Día das Letras Galegas e indica en que labor artística destacaron.  

3. Entra no PORTAL DAS PALABRAS: alí atoparás, na marxe dereita, unha ventá chamada SETESTRELO, onde debes entrar. Nela ofrécense sete palabras relacionadas co autor homenaxeado neste ano: debes anotar cada unha delas. En cada caso, tes que concretar o seu significado (aparece ben explicado na parte final de cada texto) e a relación que ten o termo coa vida e o traballo de Antón Fraguas.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

COMO VIVEN AS MULLERES AFGANAS? NON PODEMOS TORCER A CARA...

      Mañá, martes, imos ter no IES unha actividade ben interesante: vannos visitar un grupo de mulleres de orixe afgana que viven refuxiada...